We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Escribir de ciencia en galego

by Consello da Cultura Galega

/
  • Streaming + Download

    Purchasable with gift card

     

1.
2.
3.
4.
5.
Coloquio 37:49
6.
7.
Mesa redonda 03:54
8.

about

Os primeiros traballos científicos escritos en galego foron realizados no Seminario de Estudos Galegos, antes da Guerra Civil. De todas as maneiras, non tiveron continuidade ata a década dos anos setenta do pasado século na que científicos illados comezaron a utilizalo nos seus traballos. A maioría deles foron realizados ao abeiro de institucións ou grupos que primeiro permitiron e despois promoveron o seu uso. Neste período de máis de corenta anos a experiencia da escrita científica experimental en galego foi do máis variada e abarcou practicamente todos os seus formatos. A súa sorte foi tamén do máis diversa, aínda que en xeral proxectos de longo percorrido no tempo houbo moi poucos, pois o contexto intelectual e político no que se desenvolvían non foi, decote, doado.

Neste momento en que o inglés se está a promover como lingua hexemónica da comunicación científica experimental, e outros idiomas, mesmo o castelán e o catalán, están a ter serios problemas nestas funcións, cómpre reflexionar sobre cal pode ser o papel do galego no futuro. Os formatos da comunicación científica son diversos, comezando polo traballo de investigación básica en revistas de difusión internacional e rematando polas publicacións divulgativas ou pedagóxicas. E, certamente, as capacidades e o futuro do galego como lingua de comunicación científica non son as mesmas segundo sexa o formato considerado. Cómpre, pois, reflexionar dun xeito realista e intelixente sobre estes puntos para conseguir que no día de mañá o galego non deixe de estar presente nun eido tan fundamental para a cultura como é o da ciencia.

credits

released May 20, 2011

Ficha técnica

Coordinación
» Francisco Díaz-Fierros

Participante
» Juan Luis Blanco Valdés
» Martí Domínguez
» Xurxo Mariño
» Carolina Moreno Castro
» Pablo Ramil
» Xulio Rodríguez
» Juan Vicente Sánchez Andrés
» Ana Seijas

Organización
» Consello da Cultura Galega
» Sección de Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade

Lugar de celebración
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro s/n
15705 Santiago de Compostela

license

tags

If you like Consello da Cultura Galega, you may also like: