We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.
/
  • Streaming + Download

    Purchasable with gift card

     

1.
2.
3.
4.
5.
6.
7.
8.
9.
10.
11.
12.
13.
14.
15.
16.
17.
18.
19.
20.
21.
22.
23.
24.
25.
26.
27.
28.
29.
30.
31.
32.
33.
34.
35.
36.
37.
38.
39.
40.
41.
42.
43.
44.
45.
46.
47.
48.
49.
50.

about

Os cincuenta sons da terra que agora lles presentamos forman parte das cento vintesete gravacións que os técnicos de son Jesús Villares e Roberto Díaz efectuaron como parte integrante do seu proxecto fin de carreira, presentado na Escola de Imaxe e Son da Coruña en xuño de 1993. Para realizaren esta ampla escolma de sons característicos da Galicia tradicional, natural e humana, contaron cos medios técnicos da Escola e percorreron os camiños de Arteixo, Camariñas, Cambre, Fisterra, Malpica, San Sadurniño e Oleiros na Coruña e as terras de Abadín, O Corgo, O Valadouro e Vilalba en Lugo. Posteriormente, Michel Canadá realizou a selección e montaxe dos sons aquí escolmados nos estudos do Laboratorio de Creación Sonora da Coruña.

A.V.-M.F.
O FEITIZO

Este CD é un universo e cada son, unha historia. Tense dito que a música é a linguaxe da alma. O científico James Lovelock retomou o concepto de Gaia, a deusa grega, a antiga Nai Terra, para falarnos do planeta como un todo vivinte. Eu imaxino a alma da vella Gaia repousando tranquila nun cabezal de poma, no intervalo dos esrondos que a firen mentras escoita esta sinfonía cotiá de campá e merlo.

Hai que estar agradecidos aos feiticeiros porque se hai unha palabra que explique esta colleita esta é a de feitizo. Esta caixiña minúscula, cativa petaca, contén eternidades. A balada do mar e do vento. O folk do grao e do arado. O blues da fonte e do carro. Non os podemos escoitar como sons abstractos porque sabemos que tras o varrer das xestas, o andar das zocas e o lume da lareira hai un conto ho9norable, destilado pola memoria.

Pechade os ollos. Escoitade. Corre un regato. Son as veas de Gaia. As nosas veas.

Manuel Rivas

credits

released January 1, 1993

Idea e gravación: Jesús Villares Cuba e Roberto Díaz Díaz
Coordinación e montaxe: Michel Canadá
Estudios da Escola de Imaxe e Son 1993
Deseño portada: Ignacio Pardo
Coordinación editorial: Afonso V. Monxardín Fdz.
Edición: Arquivo Sonoro de Galicia (Consello da Cultura Galega)
Ano: 1993

license

tags

If you like Sons da Terra, you may also like: